Patrocinio

Pequeno comercio e hostalería:

Colaboración básica: Inclusión do logo en cartel publicitario informando dos partidos de cada xornada. Recibirá un carné de socio a nome da empresa.

Colaboración redes sociais: Ademáis do anterior, difusión individual do logo nas nosas redes sociais, así como de calqueira campaña publicitaria propia que nos achegara a empresa. Posibilidade de ofertar descontos “simbólicos” aos nosos socios e socias si o consideran oportuno. Ditas promoción serían recordadas periódicamente nas nosas redes sociais. Ademáis do carné de socio recibirá un talonario de 50 invitacións para asistir aos partidos dos nosos equipos senior que poderá repartir entre a súa clientela, así como un distintivo como socio colaborador.

Colaboración padriños: Posibilidade de apadriñar a un equipo das ligas locais. Ademáis do anterior, a empresa sería nomeada como patrocinadora do equipo de liga local que elixa en cada unha das publicacións que se fagan ó longo do ano dese equipo.

Colaboración padriños plus: Posibilidade de apadriñar a un equipo de liga galega ou provincial. Similar á anterior pero relacionada con equipos que competirán en categorías máis altas.

Grazas

Grandes empresas:

Colaboración básica: Inclusión do logo en cartel publicitario informando dos partidos de cada xornada. Recibirá un carné de socio a nome da empresa, así como un distintivo como socio colaborador.

Colaboración redes sociais: Ademáis do anterior, difusión individual do logo nas nosas redes sociais, así como de calqueira campaña publicitaria propia que nos achegara a empresa. Posibilidade de ofertar descontos “simbólicos” aos nosos socios e socias si o consideran oportuno. Ditas promoción serían recordadas periódicamente nas nosas redes sociais, así como durante os partidos dos equipos senior mediante megafonía instalada no campo. Ademáis do carné de socio recibirá un talonario de 50 invitacións para asistir aos partidos senior que podrá repartir entre a súa clientela.

Colaboración padriños: Posibilidade de apadriñar a un equipo das ligas locais. Recibirá 2 carnés de socio a nome da empresa. A empresa sería nomeada como “madriña” do equipo de liga local que elixa en cada unha das publicacions que se fagan ao longo do ano dese equipo. Recibirán tamén 2 talonarios de 50 invitacións.

Colaboración padriños plus: Posibilidade de apadriñar a un equipo de liga galega ou provincial. Similar á anterior pero relacionada con equipos que competirán en categorías máis altas. Publicidade na camiseta dos xuveniles. Recibirán tamén 2 talonarios de 50 invitacións.

Colaboración premium B2: Publicidade pequeno formato en camisetas senior B.

Colaboración premium B1: Publicidade gran formato en camisetas senior B.

Colaboración premium A2: Publicidade pequeno formato en camisetas senior A.

– Colaboración Premium A1: Publicidade en gran formato en camisetas senior A.

Colaboración High Class: Cartel publicitario de grandes dimensións no Campo do Cidade de Ribeira CF.

Grazas

Captación de socios:

– Socio estándar por 40 euros.

– Xubilados e parados por 35 euros.

– Matrimonios por 70 euros.

– Deportistas federados en calqueira clube de Ribeira por 35 euros.

– Menores 18 anos por 10 euros.

Grazas