Historia

Atl. de Riveira:

O Atl. de Riveira fundado no 1968, militou 5 tempadas na Terceira División Nacional (1 no Grupo Interautonómico), 20 na División Preferente Autonómica (5 na Serie A Rexional), 17 na Primeira División Autonómica, 8 na Primeira División de Campeonatos Comarcais, 3 na Segunda División Autonómica. Participou en 1 Copa de España, disputada a dobre partido contra o RC Deportivo de A Coruña, perdendo 1-2 na Fieiteira e 3-0 en Riazor, 2 Campeonatos Galegos de Aficionados e 3 Copas de Galicia.

Títulos:

 – 1 Campión de Liga de División Preferente Autonómica (1978 – 1979)
 – 4 Campión de Liga de Primeira División Autonómica (Primeira División Sar Sur 1968 – 1969, Primeira División Sar 1971 – 1972, Primeira División Sar 1973 – 1974, Grupo I 2000 – 2001)

 – 2 Campión de 2ª División Autonómica Grupo IV Temp. 2010 – 2011 e tempada 2018/2019
 – Campión Copa do Sar Temp. 2010 – 2011
 – Campión 1ª Supercopa delegación de Santiago Temp. 2010 – 2011

 – 2 Copa do Concello de Riveira (Temp. 2009 – 2010 y 2010 – 2011) 

Atl Riveira
Sálvora C.F:

O Sálvora C.F nace no ano 2005 en Ribeira. A entidade foi creada sen ánimo de lucro e coa intención fomentar, practicar e promocionar o deporte “rei” na cidade. O primeiro equipo federado da entidade foi o Aficionado, debutando na tempada 2006/07 no Grupo 7 de Terceira Rexional.

Títulos:

 – Tempada 2007/08: Subcampeón Copa Concello Ribeira

 – Tempada 2011/12: Campións de Liga e ascenso a 2ª Autonómica

 – Tempada 2012/13: Subcampión de 2ª Autonómica, xoga a fase de ascenso

 – Tempada 2013/14: Subcampión de 2ª Autonómica, xoga a fase de ascenso

É de destacar o papel do Sálvora CF no seu traballo coa canteira e na organización de torneos de fútbol base como a Copa Sálvora. No ano 2007 créase o primeiro equipo na categoría Benxamín. Chegando a ter na tempada 2019/20 maís de 200 rapaces repartidos en 12 equipos. Na tempada 2012/13 recibeu o Premio de Mellor entidade de Promoción no Deporte Base pola Escola de Fútbol e co Premio de organización do mellor evento deportivo no Concello de Riveira pola Copa Sálvora na Gala Anual do Deporte.

Salvora