Fundación Celta

Actualmente o Cidade de Ribeira ten un convenio coa Celta Academy da Fundación do Real Club Celta de Vigo destinado a mellorar as capacidades técnicas e habilidades motrices dos nenos e nenas entre 6 e 12 anos que leva prestando asesoramento técnico no traballo de canteria dende o 2016. Contando actualmente con 6 xogadores do Concello de Ribeira (4 do CLUB ATLÉTICO RIBEIRA e 2 do SÁLVORA) nas categorías inferiores do Celta.

Fundación Celta:

Aplicación da mesma metodoloxía de traballo que nas categorías inferiores do R.C.Celta impartida por entrenadores titulados en fútbol ou en ciencias da educación física con experiencia no corpo ténico do RC Celta.

 – Mesmo programa específico de tecnificación (SICO)

 – Mesmos hábitos de entrenamientos e tipo de tareas

 – Formación levada a cabo con entrenadores de categorías inferiores

 – Transmitir valores R.C.Celta pautando determinados comportamentos: Respeto, compromiso, compañeirismo, humildade, disciplina, constancia…

 – Transmitir hábitos saudables: alimentación, hixiene, saude…

 – Transmitir a importancia da formación académica

Celta Academy