Canteira

O Cidade de Ribeira Club de Fútbol conta na actualidade con 18 equipos en competición (2 senior, 2 xuvenís, 2 cadetes, 3 infantís, 3 alevíns, 4 benxamíns e 2 prebenxamíns) así como uns 40 rapaces menores de 6 anos que adestran na nosa escola sen disputar competición oficial. En total temos uns 350 xogadores e preto de 20 adestradores e outros tantos auxiliares ou delegados.

En canto ás expectativas deportivas, nos equipos en idades máis adultas gustaríanos ser capaces de achegar aos nosos equipos ás categorías que un pobo como o noso merece, polo que nas categorías cadete, xuvenil e senior intentaremos estar nos postos de privilexio que nos permitan optar ás plazas de ascenso de categoría.

O equipo infantil A competirá na Liga Galega, a máxima que hai nesa categoría, polo que compartiremos competición co RC Deportivo, CD Lugo, Racing de Ferrol, etc…

Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín aspiramos máis a inculcar valores como o respeto, a predisposición para practicar deporte e hábitos de vida saludable, que á consecución de bos resultados deportivos. No noso afán de dotar ós nosos ténicos e deportistas das mellores oportunidades, firmamos un convenio de colaboración co RC Celta, que será o encargado de levar a coordinación deportiva da nosa entidade.

Canteira